top of page

Quedan:

 

​Panxorock é un festival de música. Que tivo lugar no IES Audiovisual de Vigo o día 20 de decembro (19.30h). E sí, é un festival de música, pero tamén é un festival de nadal. Esta definición pode traernos un cúmulo de tópicos moi típicos á cabeza, pero estamos a falar dun evento con características especiais​.

Concurso Musical

En que consiste?
Versiona de forma libre unha panxoliña de nadal e optarás a premios caralludos. Se tes un grupo, cantas, berreas ou, en defintiva, fas algunha clase de ruido que poida chegar a ser considerado música, aquí hai unha oportunidade de actuar no IES Audiovisual de Vigo. E se che sae ben? Pois ademáis de actuar, levaste un pedazo de premio!

Cales son os premios?
1. Premio do xurado
- Gravación de maqueta nos Estudios Metrópolis/IES Audiovisual de Vigo (2 temas/estudio)
- Gravación dun videoclip profesional para a canción elexida polo grupo.

2. Premio do público
Cesta de nadal cos seguintes produtos:
- Tarxeta de son
- Pedal de efectos para guitarra eléctrica
- Kit de baquetas

 

Quen son os gañadores?
O primeiro premio será entregado por un xurado que analizará as actuacións dos grupos e proclamará un gañador inmediatamente despois. Este xurado está composto por personalidades da escea musical viguesa, como son:
- Coral Alonso, vocalista de Aerolíneas Federales.
- Salva Ronko, responsable do proxecto Maketon Estrella Galicia.

- Julio Gómez, productor de SinSal.

O segundo premio é o premio do público. Todas as persoas que asistan o festival terán a oportunidade de participar votando o grupo que máis lle gusta e así, tratar de facelo gañador.

Hai requisitos de participación?
Admitimos toda variedade de estilos, sempre e cando cumpran as bases do concurso.

Actuación musical
O concurso non vai ser a única actuación musical. O grupo Baldosa Amarilla tocará no Panxorock.

Monólogo
César Cambeiro porá a nota humorística cun monólogo que fará vibrar o teatro. Peligro de infarto por risa asegurado.

Sorteo, comilona, e outras caralladas
Unha vez rematado o festival, poderedes encher os bandullos cunha exquisita degustación de rosca e outros manxares. Tamén entraredes nun sorteo de 1 noite para 2 persoas no HOTEL SPA OCA GALATEA de SANXENXO en réxime de aloxamento e acceso ao SPA.

​© Copyright 2012 EAV IES AUDIOVISUAL DE VIGO

bottom of page